La Crema e Benny Fhu xogarán a final de Copa 2012



O próximo venres día 1 de xuño xógarase a Final de Copa de fútbol sala de Negreira entre os equipos de La Crema / Bar Arranca e Benny Fhu.
Na primeira das semifinais entre os equipos de Siberet e Benny Fhu o partido rematou cun abultado 11-5 a favor de Benny Fhu, que demostrou a súa velocidade nas rápidas contras, que normalmente acababan en gol ou en claras ocacións. O descando chegouse cun 4-2 pero esa ventaxa ampliouse o inicio do segundo tempo, o que fixo que o equipo amarelo xogará a desesperada con porteiro xogador, e lexos de acercarse no marcador, encaixou varios goles ata o definitivo 11-5.

Na outra semifinal os equipos de La Crema e Viajes Sant Yago disputaron un partido moito máis defensivo e con moitas precaucións, o que fixo que non houbera moitas ocasións de gol. Na primeira parte o resultado rematou cun 2-0 a favor de La Crema, pero no minuto 2 da segunda parte o equipo de Sant Yago lograba acadar o 2-1 que poñía as cousas moi apretadas.
Dende a qui ata o final o equipo de La Crema dedicouse a conservar o resultado e a pesar da presión do equipo rival logrou aguantar ata o final o tanteador que os metía na final.

Para o venres os partidos quedan da seguinte maneira:

3º e 4º posto:
SIBERET F.S. - VIAJES SANT YAGO   21:00 h.

Final:
LA CREMA - BENNY FHU       22:00 h.

O remate do encontro farase a entrega dos trofeos de Liga e Copa de futból sala 2012:

LIGA DE FÚTBOL SALA 2012

4º Clasificado:             LA CREMA BAR ARRANCA
3º Clasificado:             CERVECERÍA TRISQUEL
2º Clasificado:             VIAJES SANT YAGO
1º Clasificado:             CERVECERÍA ESMORGA

Máximo goleador:   JOAQUÍN BECERRA (C. Esmorga)
Porteiro menos batido: HUGO CABANA (V. Sant Yago)
Mellor Xogador: JOAQUÍN BECERRA  (C. Esmorga)

O equipo do LOBELLE B gañou o triangular que se disputou o pasado xoves 24 de maio no Pavillón de Pedra Mámoa, que enfrentou a un COMBINADO DA LIGA, LA CREMA BAR ARRANCA  e LOBELLE B.


Os partidos que se xogaron a 20 min. corridos, tivo os seguintes resultados:
LOBELLE B vs COMBINADO LIGA 1-0
LA CREMA vs LOBELLE B 0-1
COMBINADO LIGA vs LA CREMA 3-0

Finalmente impúxose o Lobelle b, segundo o Combinado da Liga e terceiro La Crema

Con este partido púxose punto e final a unha Liga de futbol sala de Negreira que o venres dirá adios a tempada 2011/12

A Copa de fútbol sala xa ten semifinalistas

Equipo de SIBERET F.S.

Os partidos de volta da Copa de Fútbol sala 2012, non cambiaron os resultados dos partidos de ida e os equipos que gañaron no primeiro envite pasaron á final.

Deste xeito SIBERET F.S., BENNY FHU, LA CREMA e VIAJES SANT YAGO van a disputar as semifinais que será o último escollo antes da final do día 1 de xuño.

O horario dos encontros  é o seguinte:
 MAIO:

LUNS 28:
SIBERET F.S. - BENNY FHU 21:00 h.
LA CREMA - V. SANT YAGO 22:00 h.

XUÑO:

VENRES 1:
3º E 4º POSTO 21:00 h.
FINAL                22:00 h.

* Unha vez terminada a Final, entregaranse os trofeos de Liga e Copa de fútbol sala.

Coincidindo co remate da Liga de fútbol sala 2011/12 vaise a xogar hoxe 24 de maio un triangular entre:
- LOBELLE B
- LA CREMA BAR ARRANCA
- COMBINADO DA LIGA
O partido será de 20 min. cada enfrentamento, onde se xogara no seguinte horario:

LOBELLE B - COMBINADO LIGA        21:00 H.
LA CREMA - LOBELLE B                       21:30 H.
COMBINADO LIGA - LA CREMA         22:00 H.

Esperamos ver un bo triangular e disfrutar do fútbol sala.

Remata a primeira fase da Copa

EQUIPO DE LA CREMA que pasa como mellor 2º

A Copa de fútbol sala puso punto e final a  fase de grupos, onde van a participar nos 1/4 de final os seguintes equipos:

- CERVECERÍA ESMORGA
- SIBERET F.S.
- C. QUINTÁNS
- BENNY FHU
- LA CREMA/BAR ARRANCA
- ÑU TEAM
- IMPRENTA ARIGRAF
- VIAJES SANT YAGO 

Os partidos serán da seguinte maneira:

1/4 FINAL IDA:

LUNS 14:

CERVECERÍA ESMORGA   -    SIBERET 21:00 h.
C. QUINTÁNS  - BENNY FHU 21:45 h.

MÉRCORES 16:

LA CREMA - BAR ARRANCA - ÑU TEAM 21:00 h.
I. ARIGRAF - VIAJES SANT YAGO 21:45 h.


1/4 FINAL VOLTA:

LUNS 21:

C. QUINTÁNS  - BENNY FHU 21:00 h.
CERVECERÍA ESMORGA   -    SIBERET 21:45 h

MÉRCORES 23:

 I. ARIGRAF - VIAJES SANT YAGO 21:00 h.
LA CREMA - BAR ARRANCA - ÑU TEAM 21:45 h.

Para ver o cadro FINAL DE COPA PINCHA AQUÍ


Cervecería Esmorga Campión de Liga 2011/12

EQUIPO DE CERVECERÍA ESMORGA




















O equipo de Cervecería Esmorga proclamouse campión da Liga de fútbol sala de Negreira, despois de vencer na final o equipo de Viajes Sant Yago nun partido moi igualado que se resolviu na prórroga.
O encontro estivo marcado por unha gran igualdade, onde as defensas se impuseron sobre o ataque.
EQUIPO DE VIAJES SANT YAGO




















O final do partido o marcador reflexaba un resultado de 1-1 que facía que se chegara a prórroga onde, nunha rápida contra do equipo de Esmorga finalizada por Joaquín Becerra, poñía o derradeiro 2-1 que faría campión o equipo verde.

No partido polo terceiro e cuarto posto o equipo de Cervecería Trisquel gañou con certa claridade por un 4-0 o equipo de La Crema, o que lle permite acadar o terceiro posto da Liga.

EQUIPO DE CERVECERÍA TRISQUEL




















O cadro de honra da Liga de Fútbol sala 2011/12 é o seguinte:
- 1º CLASIFICADO: CERVECERÍA ESMORGA
- 2º CLASIFICADO: VIAJES SANT YAGO
- 3º CLASIFICADO: CERVECERÍA TRISQUEL
- 4º CLASIFICADO: LA CREMA / BAR ARRANCA

MÁXIMO GOLEADOR: JOAQUÍN BECERRA BLANCO (C. ESMORGA) - 63 goles/20 partidos

PORTEIRO MENOS GOLEADO: HUGO CABANA LIMES (V. SANT YAGO) -  32 goles/20 partidos

MELLOR XOGADOR DA LIGA: JOAQUÍN BECERRA BLANCO (CERVECERÍA ESMORGA)


A entrega dos trofeos farase durante a Final de Copa o día 1 de xuño ó remate dos partidos.

Por outra banda dende hoxe luns 30 de abril comeza a Fase de grupos da Copa de futbol sala 2012, na que os equipos VIAJES SANT YAGO e CERVECERÍA ESMORGA están exentos.

COPA FUTBOL SALA 2012

 
Xa temos o calendario de partidos da COPA DE FUTBOL SALA DE NEGREIRA 2012, o pasado luns nas semifinais de Liga fíxose o sorteo dos equipos que van a competir por un posto na final que terá lugar o venres 1 de maio.

O sistema de competición e igual a do ano pasado. Unha 1ª fase, na que hai 5 grupos de 3 equipos, dos que pasa a 1/4 de final os primeiros clasificados e o mellor 2º de todos os grupos.

Os 2 primeiros clasificados na Fase Regular da Liga (Cervecería Esmorga e Viajes Sant Yago) pasan directamente a 1/4 de final.

Os grupos quedaron da seguinte maneira:

GRUPO A:
BAR ORIEL
SIBERET F.S.
CHURRERÍA COMPOSTELA

GRUPO B:
CONSTRUCCIÓNS QUINTÁNS
ASPORT 21  
LA CREMA -  BAR ARRANCA

GRUPO C:
X. SAN MAMEDE
BENNY FHU
CAFETERÍA O COTÓN

GRUPO D:
BRION COFEE TEAM
ÑU TEAM
HOTEL TAMARA

GRUPO E:
CERVECERÍA TRISQUEL
IMPRENTA ARIGRAF
CHIRIPA DELUXE

Para ver toda a información referente a Copa de fútbol sala PINCHA AQUÍ.

CADRO COPA FUTBOL SALA 2012

Moita sorte a todos os equipos.


Esmorga e Viajes San Yago finalistas de Liga


Os equipos Cervecería Esmorga e Viajes Sant Yago van a disputar o vindeiro venres 27 de abril, a final da Liga de futbol sala de Negreira 2011-12.

Nunhas disputadas semifinais tanto Esmorga como V. Sant Yago, desfixéronse de La Crema e de Cervecería Trisquel respectivamente nuns encontros que tiveron emoción ata o final.

Na primeira semifinal o peso do encontro levouno o equipo de La Crema, quen a pesar de ter a posesión do balón, sufría cos contragolpes do seu rival, que en cada chegada a porta marcaba ou levaba moito perigo.
Na primeira parte o equipo de Esmorga gracias a un inspirado Joaquin Becerra, lograba poñerse por diante nunha rápida contra, e máis tarde conquería o 2-0 que o levaba o descanso cunha renda importante.

Na reanudación o equipo de La Crema, gracias a presión logrou poñerse 2-1, pero noutra gran xogada do pichichi da Liga Joaquin Becerra, Esmorga acadaba o 3-1.
Con este resultado e a falta de 6 minutos para o final, o equipo de La Crema, utilizou o recurso do porteiro xogador, co que chegou a poñerse 3-2, pero nunha perda de balón a falta de 1 minuto, o equipo de A Esmorga pechaba o partido co 4-2.

Noutra semifinal o partido foi moito máis defensivo, contabilizandose apenas ocasións de gol para os dous equipos. Xogaron con moitas precaucións e chegaron o final dos 40 minutos cun 0-0, que os levaba a prórroga, onde o conservadurismo fixo que o tanteador non se movera e tiveran que chegarse os penaltis.

Na tanda de penaltis o equipo de Cervecería Trisquel fallou duas penas máximas polo que o partido foi para viajes Sant Yago.

O vindeiro luns 23 de abril será o sorteo de copa 2012



O día 23 de abril ás 21:45 h. farase o sorteo de Copa 2012 da Liga de fútbol sala de Negreira no pavillón de Pedra Mámoa.

Este ano a Copa vai a consistir nunha eliminatoria previa de grupos dos cales sairán os equipos que conformarán os 1/4 de final, sistema similar o do ano pasado.

A normativa é a seguinte:

REGULAMENTO:

O SISTEMA DE COMPETICIÓN ESTABLÉCESE DA SEGUINTE MANEIRA:

FASE DE GRUPOS:
HABERÁ 5 GRUPOS* DE 3 EQUIPOS CADA UN QUE COMPETIRÁN ENTRE ELES A UN PARTIDO.
*O SORTEO DE GRUPOS FARASE O DÍA 23/04/2012 NO PAVILLÓN DE PEDRA MÁMOA NO DESCANSO DOS PARTIDOS.

PASAN A ¼ DE FINAL OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA GRUPO E O MELLOR 2º DE TODOS OS GRUPOS.
O PRIMEIRO E SEGUNDO CLASIFICADO DA FASE REGULAR DA LIGA PASAN DIRECTAMENTE A ¼ DE FINAL.

¼ DE FINAL:
OS PARTIDOS SERÁN A DOBLE VOLTA

SEMIFINAIS E FINAIS:
OS PARTIDOS SERÁN A PARTIDO ÚNICO.

NOS ¼ DE FINAL OS EQUIPOS QUE GAÑEN OS SEUS PARTIDOS PASARÁN A FINAL.
EN CASO DE QUE HOUBERA EMPATE NO RECONTO FINAL DOS DOUS PARTIDOS, FARASE UN LANZAMENTO DE PENALTIS (3 LANZAMENTOS)

NA FINAL DE CHEGAR EMPATADOS Ó REMATE DOS 40 min. HABERÁ UNHA PRÓRROGA DE 5 min., SI PERSISTIRA O EMPATE LANZARANSE PENALTIS (3 LANZAMENTOS)


NOS PENALTIS DEBERÁN TIRAR PRIMEIRO OS 5 XOGADORES QUE ESTABAN EN PISTA O FINALIZALO ENCONTRO, INCLUÍDO O PORTEIRO.

SI UN EQUIPO NON SE PRESENTA A UN PARTIDO NA FASE DE GRUPOS, CONTARASE COMO 3-0 A FAVOR DO OUTRO EQUIPO E QUEDA DESCALIFICADO. NOS ¼ DE FINAL DE NON PRESENTARSE, PASARÁ A SEGUINTE FASE O OUTRO EQUIPO.

PODERASE FICHAR A 2 XOGADORES (DEBERASE PRESENTAR A FOTOCOPIA DO D.N.I. NO 1º PARTIDO)

HABERÁ TROFEOS PARA OS 4  PRIMEIROS CLASIFICADOS QUE SERÁN ENTREGADOS O VENRES 1 DE XUÑO DURANTE AS FINAIS.

Moita sorte a todos os equipos!!!